TY - BOOK AU - Seoane Rivas,Xavier TI - A árbore desvelada T2 - (Tambo SN - 978-84-19213-56-3 PY - 2025/// CY - Pontevedra PB - : Kalandraka KW - Poesía galega KW - Poesía gallega N2 - A deste libro é unha voz que entende a poesía como o labor de tecer verbas e urdir signos e sons cos vimbios esvaradíos do tempo e do aire. Isto é, á fin, o mellor que o poeta ten para dar as grazas en homenaxe e celebración de persoas, feitos ou lugares que o acompañaron ao longo dos anos, deixándolle un pouso impagable. Son versos que nos levan desde o abraio ante a obra ou a sensibilidade dunha figura exemplar ata a exaltación dunha feliz experiencia ou das vivencias que propician as viaxes. Versos, ao tempo, que tampouco non esquecen deixar un testemuño de repudio dos acontecementos que ensombrecen o mundo que nos tocou vivir. Xorden así, nos labirintos da palabra, poemas que acaban por compoñer unha posible constelación, un vago mapa, unha certa paisaxe afectiva e moral... ER -