691916 Moreiras, Ana aut dln
A pausa : diario do confinamento / Ana Moreiras
1ª ed.
Allariz, Ourense : Aira, 2025
99 p. : il., cor ; 24 cm
O 14 de marzo do 2020 o goberno español decretou o estado de alarma sanitaria e impuxo un confinamento xeral que impedise a expansión da pandemia de covid-19 que todo o mundo estaba sufrindo desde poucas semanas antes. Nese tempo todos e todas vivimos nunha especie de limbo existencial onde convivimos co medo e a esperanza, onde experimentamos soidade e tenrura, onde puxemos en pausa as angueiras cotiás para observarnos e observar o noso mundo doutro xeito. Aínda que aparentemente o confinamento e a pandemia pasaron, as súas secuelas quedaron en nós, incluso en niveis tan profundos que custa desentrañalos. Neste libro recóllense as entradas do Diario do confinamento que Ana Moreiras foi compoñendo en tempo real e que agora se converte nun testemuño excepcional dese tempo que, malia a súa proximidade, se nos aparece en moitas ocasións como remoto.
978-84-129879-2-8
640642 Banda deseñada galega407236 Banda deseñada da vida cotiá407220 Cómic de la vida cotidiana525728 Cómic gallego657174 Banda deseñada biográfica696673 Cómic biográfico
821. 134. 4-91"20"741. 5