TY - BOOK AU - Monteagudo Romero,Henrique AU - Villares,Ramón TI - Saber de Nós: : o Seminario de Estudos Galegos T2 - (Actas) SN - 978-84-17802-68-4 PY - 2024/// CY - Santiago de Compostela PB - : Consello da Cultura Galega KW - Seminario de Estudos Galegos (Santiago de Compostela) N1 - Bibliografía N2 - No ano 2023 cumpriuse o centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG), unha iniciativa que tivo un percorrido tan breve como brillante (1923-1936), ata o punto de ser recoñecido como un fito na modernización tanto da cultura galega como da propia universidade. O dito centenario ofreceu unha ocasión idónea para realizar un balance da súa significación na historia científica, intelectual e cultural de Galicia, na maduración da súa concepción como nación europea e na reivindicación do galego como idioma culto e plenamente desenvolvido. Co gallo desta efeméride, o Consello da Cultura Galega organizou dous congresos, baixo os lemas «Saber de nós. Cen anos do Seminario de Estudos Galegos» e «O Seminario de Estudos Galegos e as institucións de alta cultura do seu tempo», que colocaron o SEG no centro de estudo e análise. Este volume ofrece un conxunto de traballos que foron solicitados aos estudosos e estudosas que participaron neles. Na primeira parte recóllense os textos sobre o propio Seminario e, na segunda, sobre as institucións máis ou menos paralelas que xurdiron na Península nas primeiras décadas do século XX UR - https://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4519 ER -