Saber de Nós : o Seminario de Estudos Galegos / Henrique Monteagudo, Ramón Villares, editores
1ª ed.
Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2024 (Lugami Artes Gráficas)
548 p. : il. fot., mapas ; 24 cm
(Actas)
482889 Actas (Consello da Cultura Galega)
Bibliografía
No ano 2023 cumpriuse o centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG) , unha iniciativa que tivo un percorrido tan breve como brillante (1923-1936) , ata o punto de ser recoñecido como un fito na modernización tanto da cultura galega como da propia universidade. O dito centenario ofreceu unha ocasión idónea para realizar un balance da súa significación na historia científica, intelectual e cultural de Galicia, na maduración da súa concepción como nación europea e na reivindicación do galego como idioma culto e plenamente desenvolvido. Co gallo desta efeméride, o Consello da Cultura Galega organizou dous congresos, baixo os lemas «Saber de nós. Cen anos do Seminario de Estudos Galegos» e «O Seminario de Estudos Galegos e as institucións de alta cultura do seu tempo», que colocaron o SEG no centro de estudo e análise. Este volume ofrece un conxunto de traballos que foron solicitados aos estudosos e estudosas que participaron neles. Na primeira parte recóllense os textos sobre o propio Seminario e, na segunda, sobre as institucións máis ou menos paralelas que xurdiron na Península nas primeiras décadas do século XX.
Textos en galego, español e portugués
978-84-17802-68-4
543 Seminario de Estudos Galegos (Santiago de Compostela) 543 Seminario de Estudos Galegos (Santiago de Compostela)
001. 32 (460. 11) "1923 / 1929" 2015061. 2 (460. 11) "1923 / 1929" 201594 (460. 11) "1923 / 1939" 2015