183525 Sánchez Iglesias, Cesáreo (1951-) aut
O rumor do distante : a escrita da terra / Cesáreo Sánchez Iglesias
Santiago de Compostela : Laiovento, 2024 (Tórculo Comunicación Gráfica)
217 p. ; 21 cm
(Ventoalto ; 18)
635838 Ventoalto. Poesía (Laiovento)
As humildes trazas dos camiños, comunicando a montaña e o mar, ao longo da historia da Galiza, vertebraron a cultura de noso, e a xeografía de parte da Europa. Trouxo a camiñantes coa súa cultura e a súa visión do mundo e levou de retorno á súa terra, a ollada marabillada polas imaxes do sagrado, dunha terra e dun pobo cunha cultura milenaria. Este longo poema que percorre os sete camiños (6+1) foi escrito paralelamente aos traballos do autor na protección do patrimonio cultural galego. Coa delimitación das súas trazas, o poeta inicia a súa escrita, constatando que somos un dos pobos que máis humanizou a natureza, nun titánico traballo de séculos, sedimentando o ser que nos constitúe, dando nomes a lugares que significan é son o noso ADN, e que neste poemario, que obtivo o XX Premio Esquío de Poesía en Lingua Galega, foron habitados da poesía. Ao ollar cara atrás vemos os camiños submersos na banalización do seu significado cultural. Hoxe, ollamos como a nosa terra segue a se desangrar nunha silente extenuación que destrúe o noso patrimonio cultural. Se permitimos a deshumanización da nosa terra desaparecerá aquilo que anainou a nosa identidade.
978-84-8487-705-9
416265 Poesía gallega556248 Poesía galega
821. 134. 4-1"19" 2015