TY - BOOK AU - Carreiro,Pepe AU - Carreiro,Abraham TI - 20.000 leguas baixo dos mares de Lugrís no Museo Massó T2 - (Os Bolechas. Guías) SN - 978-84-10250-26-0 PY - 2024/// CY - [Santiago de Compostela] PB - : Bolanda KW - Lugrís, Urbano KW - Museo Massó- KW - Libros infantiles KW - Libros infantís KW - Contos KW - Urbano Lugrís KW - Cuentos KW - El mundo que me rodea KW - O mundo que me rodea N2 - Hai case 100 anos os irmáns Massó converteron unha das súas vellas fábricas de conserva nun museo onde reuniron moitas cousas antigas. Esas cousas fálannos das expedicións polos océanos e dos ataques dos temidos corsarios, cando os grandes barcos de madeira sucaban os mares movidos polo impulso do vento nas velas e daban a volta ao mundo guiándose polas estrelas. Tamén gardaban neste museo moitas cousas que nos ensinan como as industrias pesqueiras e conserveiras cambiaron a vida da xente das vilas mariñeiras, e como en Galicia se cazaban grandes baleas. Un día chegou Urbano Lugrís e os Massó pedíronlle que decorase as paredes do comedor da fábrica, pero él sempre que podía escapaba para o museo. Alí, rodeado de todas aquelas cousas marabillosas, pintaba e soñaba que era un vello mariñeiro que navegaba cara o confín do mundo, que se enfrontaba a monstros mariños e que descubría galeóns no fondo do mar. Agora o Museo Massó vai facer posible que Lugrís regrese á sala onde empezou a pintar mentres soñaba ER -