TY - BOOK AU - Morales,Sara TI - ¿Cuándo se come aquí? : : el gran golpe de Siniestro Total T2 - ( Elepé SN - 9788495749710 PY - 2024/// CY - Valencia PB - : Efe Eme KW - Siniestro Total (Grupo musical) KW - Rock (Música) - KW - Galicia N2 - Alentados polo espírito do punk, o insurxentes Siniestro Total sorprenderon en 1982 con "¿Cuándo se come aquí?", o seu revolucionario primeiro elepé. Por entón, poucos podían imaxinar que a banda de Vigo lograría alcanzar as catro décadas de existencia reinventándose en diversas formacións e mantendo a súa vocación transgresora orixinal. Aquel disco abandeirou a corrente máis vándala do pop español dos primeiros anos oitenta, cun descacharrante sentido do humor e unha delirante ironía froito da súa incorrección intelectual e unha completa liberdade artística. Así naceu un álbum absolutamente rompedor e delirante que sorprendeu a todos os que o escoitaron e converteuse nun dos primeiros superventas de DRO, pequeno selo referente da independencia, axudando a consolidar a nova escena pop e rock español en tempos de «movidas». En "¿Cuándo se come aquí?, el gran golpe de Siniestro Total", Sara Morales, a modo de historia oral, recrea con detalle o nacemento da banda e a xestación, gravación e desenvolvemento comercial de tan libérrimo disco. Para iso conta cos sobreviventes daquela primeira formación, Julián Hernández, Alberto Torrado e Miguel Costas, e recupera declaracións do malogrado Germán Coppini, ademais das voces da súa contorna de entón: Servando Carballar, Óscar Mariné, Paco Trindad, Jesús Ordovás, Diego A. Manrique, Javier Soto, Antón Reixa, Teo Cardalda, Pablo Novoa… Con todos eses testemuños como fío condutor, a autora constrúe un magnífico e adictivo relato sobre unha das obras esenciais do rock español de todos os tempos ER -