Beneyto, José María (1956-) 22335
¿Guerra o paz? : China, Estados Unidos y Europa / José María Beneyto
Barcelona : Ediciones Deusto, 2024
293 p. ; 23 cm
Coincidindo co centenario da fundación da República Popular China, o país propúxose converterse na potencia hexemónica para o ano 2050. Ante esta situación de disputa polo poder, como está a reaccionar Estados Unidos? Pode o mundo escapar ao conflito entre unha forza xeopolítica emerxente e unha xa establecida? Que papel ten aquí a Unión Europea?
Este libro toma como punto de partida o debate sobre a trampa de Tucídides e lévao máis aló, examinado a estratexia chinesa para converterse en líder mundial e ofrecendo unha perspectiva única sobre a posición de Europa. José María Beneyto, avogado e escritor especializado en relacións internacionais, fai un repaso pola historia recente e o carácter do país asiático, un carácter que se forxou á sombra da figura do emperador e baixo a bandeira do comunismo. Para entender tanto o fenómeno do seu auxe como as consecuencias globais que carrexa, Beneyto analiza as fortalezas e debilidades geoestratégicas e xeopolíticas dos tres grandes bloques de poder mundiais, e explora a posible evolución das súas relacións repasando as capacidades e limitacións de cada un. Guerra ou paz? profunda no desafío que supón para o mundo occidental o ascenso dun país para o que «non existen aliados permanentes nin inimigos perpetuos», e proporciónanos unha visión en detalle da dinámica entre China, Estados Unidos e Europa, desposuída de alarmismos e cun estilo ameno e ilustrado.
9788423437825
China Relaciones internacionales 762018367781 Estados Unidos - Relaciones internacionales - S. XXIEuropa Relaciones internacionales 762017
327339. 9