Barral Sánchez, Xosé G. (1959-) aut 261
Blues da Florida / José G. Barral Sánchez
1ª ed.
A Coruña : Medulia, 2024
316 p. ; 23 cm
(Narrativa)
Narrativa (Editorial Medulia) 734424
Corría o ano 1968 cando o mundo pegou un estoupido. As placas tectónicas da historia chocaron cunha intensidade imprevista, producíndose unha concentración de acontecementos excepcionais : algueiradas universitarias en Francia, ocupación de Praga polos carros soviéticos, asasinatos de Martin Luther King e de Robert Kennedy nos Estados Unidos, sanguenta represión en México do movemento de protesta estudantil, irrupción do Black Power nas olimpíadas, agravamento da guerra de Vietnam. . . Malia que os movementos que sacudiron o mundo chegaban como resonancias alleas ao noso país, aquí foron abrollando feitos e episodios que anunciaban ventos de cambio e liberdade. Os estudantes universitarios galegos tamén se revelaron contra as autoridades académicas, o movemento obreiro tentaba rachar as estreiteces do Réxime con mobilizacións contundentes, as expresións artísticas mostraban o seu pulo, comezando a sobresaír unha pléiade de novos escritores e pintores galegos. A cidade olívica axitouse nunha fase particularmente intensa do seu rexo crecemento económico. Esta novela instálase nesa época, levantando costuras e entreforros do poder, indagando nas bambolinas que protagonizaron os axentes económicos, mergullándose nas liortas de grupos enfrontados. A controvertible decisión da eliminación dos tranvías abriu unha profunda fenda na vida cotiá e dividiu á sociedade viguesa, deixando unha cicatriz que aínda mostra as costuras medio século despois.
978-84-10324-16-9
Novela social y política 400390Novela social e política 400393
821. 134. 4-31"20" 2015