TY - BOOK AU - Chelli,Gaetano Carlo AU - Soto López,Isabel TI - A herdanza Ferramonti T2 - ( Colección XIX SN - 978-84-128075-3-0 PY - 2024/// CY - Santiago de Compostela PB - : Hugin e Munin KW - Novela da vida cotiá KW - Novela de la vida cotidiana N2 - Esta novela, a máis lograda de Gaetano Carlo Chelli, publicouse por vez primeira en 1883 na revista Cronaca Bizantina. O autor participa da estética do verismo, ao se inspirar na realidade para retratar os esforzos de pequenos empresarios e burócratas por se enriquecer e lograr o ascenso social e a respectabilidade. De feito, a obra apareceu ao tempo que saltaba á esfera pública o soado escándalo da Banca Romana, isto é, o primeiro grande caso de corrupción político-financiera en Italia. A historia percorre as vidas dos Ferramonti e as artimañas dos membros máis ovos para conseguir a herdanza do patriarca. Ambientada nas rúas do centro histórico de Roma, pinta un mundo no que se impoñen a falta de escrúpulos, a especulación bolsista, a hipocrisía e todo tipo de intrigas. Porén, a auténtica protagonista é Irene, nora do ancián Ferramonti, dotada dunha personalidade afastada do modleo de muller da literatura burguesa do XIX. Intelixente, autónoma, sedutora e experta nos negocios, logra impoñer o seu parecer nun contorno masculino, foxe da maternidade e da culpa, e móstrase capaz de agardar o tempo que faga falla para levar a cabo a súa vinganza. Concibida dende unha perspectiva obxectiva e impersoal, a novela apóiase no carácter sentencioso das intervencións da instancia narradora, na dimensión coral que lle outorga a irrupción da óptica dos distintos personsaxes e no uso do discurso indirecto libre ER -