TY - BOOK AU - Murado García,M.Anxel TI - A Cantiga da Burata T2 - (Narrativa) SN - 978-84-10324-15-2 PY - 2024/// CY - A Coruña PB - : Medulia KW - Novelas curtas galegas KW - Novelas cortas gallegas N2 - [...] Unha prosa que atranca a lectura automática e provoca distanciamento e gozo estético reflexivo. Non se trata de pasar o tempo cunha trama entretida, senón de reparar no xogo proposto, irónico, simulador quer da linguaxe quer dos tópicos xornalísticos e académicos. Non importa descoñecer algúns termos, a lectura non é un exame; é un xogo instrutivo, un quefacer gozoso. [...] Texto dobremente lugués, cun Lugo protagonista máis do que paisaxe, que acolle o pasado glorioso de muralla e cantigas medievais, e a contemporaneidade académica, xornalística e política. Lugués tamén pola converxencia coa escrita do grande Ánxel Fole non no neorruralismo, senon no vigoroso estilo persuasivo e o afán común de resgatar un galego enxebre e literario ao tempo, aquí de rexistro culto, con achega da dimensión científica. ER -