De Angelis, Edoardo (1978-) 756028
Comandante / Edoardo de Angelis, Sandro Veronesi ; traduccion de Juan manuel Salmerón Arjona
Barcelona : Anagrama, 2024
209 p. ; 22 cm
(Panorama de narrativas ; 1127)
454944 Panorama de narrativas (Anagrama)
O 28 de setembro de 1940 o submarino Cappellini da armada fascista italiana partiu do porto da Spezia con rumbo ao Atlántico, vía Xibraltar. Ao mando estaba o veterano comandante Salvatore Todaro, un home que levaba o peito cuberto cunha coraza de aceiro debido a vellas feridas de combate. Durante a súa misión, avistaron un buque belga, o Kabalo. Produciuse un combate naval e o submarino afundiu ao barco inimigo. Pasado un intre, viron aparecer a varios tripulantes sobrevivientes. A pesar de que o almirante alemán Dönitz ordenou explicitamente que non llos rescatase, Todaro decidiu contravir aos seus superiores e primar, por encima do regulamento militar, a lei do mar, que di que hai que rescatar aos náufragos. O seu xesto convérteo nun heroe que conecta o pasado co noso presente de pateras rescatadas en alta mar por barcos que, con demasiada frecuencia, as autoridades non queren deixar desembarcar nos seus portos. Este paralelismo foi o que levou a Sandro Veronesi a aceptar a petición do cineasta Edoardo De Angelis de traballar con el no guion da súa próxima película, sobre a figura de Todaro. En paralelo, escribiron a catro mans unha versión novelística, construída mediante unha sucesión de voces que relatan o nobre xesto do comandante. A narración resultante pode lerse, no contexto da crise migratoria que azouta as augas do Mediterráneo —e a consecuente onda de xenofobia que Veronesi denuncia na introdución—, como unha reivindicación dos valores humanos que deben impoñerse ante a barbarie, así como unha celebración da figura de Todaro, inxustamente esquecida nas páxinas da nosa historia
978-84-339-2434-6
650351 Novela histórica650351 Novela histórica
811. 131. 1-31*H