TY - BOOK AU - Monteagudo Romero,Henrique AU - Amorós Negre,Carla TI - A estandarización das linguas da Península Ibérica : : procesos, problemas e novos horizontes T2 - (Ensaio & Investigación) SN - 9788417802622 PY - 2024/// CY - Santiago de Compostela PB - : Consello da Cultura Galega KW - Sociolingüística KW - Estandarización lingüística KW - Lingua galega KW - Lengua gallega KW - Éuscaro KW - Lengua vasca KW - Lingua portuguesa KW - Lengua portuguesa KW - Catalán (lingua) KW - Lengua catalana N1 - Contén referencias bibliográficas N2 - A estandarización é un proceso tanto sociopolítico e cultural como propiamente lingüístico, e constitúe unha cuestión central na política e a planificación lingüísticas. O lingüista Otto Jespersen referiuse ao xurdimento das linguas estándar como «o fenómeno máis importante na evolución da lingua en tempos históricos». Talvez por iso, a estandarización é tamén un dos fenómenos sociolingüísticos máis discutidos, comezando polo significado do propio termo e a valoración dos seus efectos, e incluíndo os debates arredor da súa natureza e alcance. É así que nas últimas décadas os estudos estandarolóxicos experimentaron unha expansión exponencial, unha diversificación extraordinaria e unha renova-ción impresionante.Este volume recolle un feixe de traballos que teñen a súa orixe nos relatorios presentados no Simposio «Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas», organizado polo Instituto da Lingua Galega en 2021, coa colaboración do grupo de pesquisa que puxo en marcha o proxecto ESTANDAREV [La estandarización lingüística revisitada: mediatización, vernaculari-zación e ideologías lingüísticas en la España contemporánea]. As linguas estudadas son: o galego, o portugués europeo e brasileiro, o catalán, o éuscaro e, colateralmente, o castelán. Os traballos que se recollen no volume ofrecen un estado da cuestión da estandarización, os seus problemas e as súas perspectivas, ofrecen olladas novidosas sobre os estándares e os procesos de estandarización e sinalan novas vías de investigación UR - https://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4500 ER -