719203 Constenla, Tereixa (1968-) aut
Abril é un país : os heroísmos descoñecidos da Revolución dos Caraveis / Tereixa Constenla
Pontevedra : Kalandraka, 2024
356 p. ; 21 cm
(Ágora)
A piques de cumprirse 50 anos da Revolución dos Caraveis, a colección Ágora K de KALANDRAKA incorpora o ensaio «Abril é un país», da xornalista e escritora Tereixa Constenla. Trátase dun traballo minucioso que, combinando a investigación documental e a entrevista a moitos dos protagonistas daquel fito histórico, achega as lectoras e os lectores aos “heroísmos descoñecidos” dun acontecemento no que o mundo enteiro puxo a mirada. O 25 de abril de 1974 a Revolución dos Caraveis rematou de forma incruenta cun réxime ditatorial que durante case 50 anos, baixo as ordes de António de Oliveira Salazar e de Marcelo Caetano, someteu o pobo portugués. O levantamento militar, liderado esencialmente polos mandos intermedios, non só veu determinado polo esgotamento da ditadura salazarista no país, senón tamén por unha política colonial minada tras décadas de abusos e golpeada polas guerras de independencia. «Abril é un país» repasa as claves duns acontecementos que lograron derrocar un réxime opresor. Velaquí unha análise indispensable do pasado de Portugal para comprender o espírito único do país veciño.
978-84-19213-52-5
Portugal Historia 1974 (Revolución) 398649398648 Portugal Historia 1974 (Revolución)
94 (469) "1974"