121483 Masa Vázquez, Xosé M. aut
A longa marcha da xeometría : da antiguedade a Riemann, con parada en Euclides / Xosé M. Masa Vázquez ; prólogo de María Ángeles de Prada Vicente
Santiago de Compostela : Edicións USC, 2023
181 p. : Ilustracións ; 19 cm
(Biblioteca de Divulgación : Serie Científica ; 6)
Bibliografía
Medramos coa presenza limpa das rectas, tan simples, tan útiles, sen dubidar da súa consistencia, malia vivirmos nunha superficie curva, aceptando o seu carácter ilimitado, ao abeiro dun espazo infinito, teimosos na ignorancia. Se cadra asumimos a ficción como necesaria, presos de ideas primitivas, nacidas de experiencias limitadas que sufriron xeneralizacións abusivas e se converteron en principios inmutábeis, conturbando a nosa razón. Agora sabemos que non, que a recta é unha aparencia, aquela precisa simplicidade da xeometría escolar. E xorden outras xeometrías, outras teorías físicas… Aprendemos que o universo non se corresponde coa idea de espazo plano e infinito, que a súa xeometría varía dun lugar a outro e muda permanentemente coas diversas configuracións materiais! Estas páxinas percorren unha longa marcha, a longa historia da evolución das teorías xeométricas, desde os albores da civilización ata esa modernidade que fai eclosión no século xıx. Unha andaina instrutiva que arriba a unha abstracción insospeitada, derrubando a ilusión dunha xeometría natural.
978-84-19679-55-0
2906 Xeometría398090 Geometría
514. 01