Domínguez Alberte, Xoán Carlos (1966-) aut 398906
Faíscas / Xoán Carlos Domínguez Alberte ; ilustracións de Minia Domínguez Diéguez ; asesoramento gráfico de Katharina Ojea
Santiago de Compostela : Edicións Laiovento, 2024 (Tórculo Comunicación Gráfica)
63 p. : il. br. e n. ; 21 cm
(Ventoalto ; 16)
Ventoalto. Poesía (Laiovento) 635838
Volume de xinea popular integrado por miúdas pezas de ourivería poética. Cada unha das composicións que conforman esta obra son á vez fráxiles e intensas, de xeito que sexan doadas de inxerir tanto pola sensibilidade coma pola intelixencia. O propósito é transportar o vagar que sucede á fereza da tempestade interior. Logo de os elementos se conxuraren en contra, despois de que a intensidade da febre do desacougo fose quen de abater o estímulo. O que fica son sensacións complexas nas que se mesturan a arela e o devezo canda o desvelo ou o arreguizo. No medio e medio da natureza máis propia, a vontade plena de ser procura faíscas que emitan unha imprescindíbel luz. Texto poético e imaxe plástica entretecen un xogo de olladas complementarias que proxectan agudas intermitencias de enerxía positiva que resultan de todo necesarias para lles facer fronte a algún dos máis rexos pesadelos da existencia.
978-84-8487-659-5
Poesía gallega 21º siglo 628762Poesía galega 21º século 524159
821. 134. 4-1"20"