752360 Auclert, Hubertine (1848-1914) aut
Diario dunha sufraxista / edición presentada e anotada por Nicole Cadene ; introdución, tradución e notas de Xabier Ron Fernández
Santiago de Compostela : Edicións Laiovento, 2024
89 p. ; 21 cm
(Ensaio ; 441)
Aínda se sentía a calor revolucionaria da Comuna de París de 1871 cando chega a París, dous anos despois, Hubertine Auclert, unha muller esencial para o feminismo, a primeira en usar o termo e unha das súas pioneiras e máis firmes defensoras. Grazas ao traballo da historiadora Nicole Cadène recuperouse o seu fragmentario Diario e uns folios soltos que nos permiten coñecer moito mellor como era Hubertine Auclert e como pensaba. Se as páxinas do Diario ancoran as súas vivencias entre xuño de 1883 e o 29 de marzo de 1886, as que respiran nos folios soltos esténdense entre o 18 de setembro de 1888 e o 29 de outubro de 1889. Escoitamos as súas queixas e denuncias sobre as dificultades para avanzar nunha sociedade dominada polos homes e por leis feitas á súa medida. Contra todo iso loitará durante toda a súa vida Hubertine Auclert. Neste libro damos a coñecer non só ás páxinas do recuperado Diario e dos folios soltos, senón que, para valorar moito mellor o traballo político da feminista, realizamos a tradución dalgunhas das súas destacadas colaboracións na prensa (La Citoyenne ; La Libre Parole ; Le Radical) e incluímos un dos seus discursos máis potentes, o que fixo no III Congreso Obreiro Socialista de Marsella de 1879. A memoria debe ser un exercicio vivo de compromiso e comprensión do pasado. As experiencias vividas teñen o seu contexto, pero todas transmiten, no esencial, unha fonda ensinanza que convén asimilar para avanzar. A lectura de Hubertine Auclert permítenos iso
978-84-8487-657-1
752360 Auclert, Hubertine (1848-1914)
322309 Mujeres - Situación social - 19º siglo322841 Mulleres - Situación social - 19º século
381219 Autobiografías381219 Autobiografías
821. 133. 1-94316. 66-055. 2