Pasternak, Boris Leonidovich (1890-1960) 404090 aut
Doutor Zhivago / Borís Pasternak ; traducción Aleksandr Dziuba
Vigo : Galaxia, 2024
720 p. ; 22 cm
(Literaria Universal ; 1)
768753 Literaria Universal (Galaxia)
Publicada por vez primeira, e traducida en Italia en 1957, Doutor Zhivago pasa por ser a obra máis mítica da literatura rusa do século XX. A súa publicación non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro da soviética Perestroika, e o seu autor tivo que rexeitar o premio Nobel (1958) por presións das autoridades soviéticas, o que, xunto coa maxistral adaptación cinematográfica de David Lean, non fixeron máis que engrandecer este mito. A inesquecible paixón entre Yuri Andréyevich e Larisa Fiódorovna baixo o estrondo da vella Rusia imperial que se esboroa, cativou milleiros de lectores e lectoras en numerosas linguas, e agora por fin o fai tamén na nosa. Desde a Primeira Guerra Mundial, a Revolución rusa de 1917 e a posterior Guerra Civil de 1918 a 1920, acompañamos a Yuri e a Lara nos seus encontros e desencontros nos tempos incertos e terribles que lles tocou vivir.
978-84-1176-185-7
459535 Novela romántica400306 Novela históricaNovela histórica 650351694890 Novela romántica
2015 821. 161. 1-31"19"