TY - BOOK AU - Roca,Paco AU - Terrasa,Rodrigo TI - El abismo del olvido T2 - (Colección Sillón orejero ) SN - 978-84-19670-22-9 PY - 2023/// CY - Bilbao PB - : Astiberri KW - Cómic histórico KW - Banda deseñada histórica KW - Banda deseñada social e política KW - Cómic social y político KW - Cómic español e hispanoamericano KW - Banda deseñada española e hispanoamericana N2 - O 14 de setembro de 1940, 532 días despois do final da Guerra Civil española, José Cela foi fusilado polo réxime franquista xunto a outros 11 homes na tapia traseira do cemiterio de Paterna, en Valencia, e enterrado con eles nunha fosa común. Más de sete décadas despois, e tras unha longa travesía polo lado escuro dun país acomplexado polo seu pasado, Pepica, a filla de José, unha anciá xa octoxenaria que tiña 8 anos cando mataron o seu pai, logrou por fin localizar e recuperar os seus restos para restaurar a súa dignidade. Na batalla persoal de Pepica Cela contra o esquecemento foi decisivo o papel de Leoncio Badía, un mozo republicano que fora condenado tempo atrás a traballar como sepultureiro no cemiterio do seu pobo. Xogándose o pelello, Leoncio, un home obsesionado co sentido da vida e a orde do universo, colaborara durante anos e en segredo coas viúvas dos represaliados da guerra para identificar os seus cadáveres, darlles sepultura da forma máis digna posible, localizar as súas fosas e ocultar mensaxes entre os seus restos, convencido de que algún día alguén podería sacalos de alí ER -