Homenaxe a Picasso : Vallauris 1972 : Sala de Exposicións Palacio Municipal A Coruña, 6 de xuño ao 30 de xullo de 2023 / [textos, Ines Rey García, Nadia Hernández Henche]
A Coruña : Concello de A Coruña, 2023 ([Santiago de Compostela] : Imprenta SGraf)
191 p. : il. cor ; 23 cm
O 25 de outubro de 1971, Pablo Picasso cumpriu 90 anos. Determinados grupos reaccionarios emprendesen unha campaña de atentados contra o nome de Picasso. Esta comezou poucos días despois do seu aniversario coa destrución dos gravados da “Suite Vollard” que a galería Theo de Madrid expoñía na súa homenaxe ao artista. E proseguiu co incendio da galería Taller de Picasso de Barcelona e cos atentados contra librerías que, como Antonio Machado, Visor ou Cinc d’Ouros, celebraban a figura do pintor nos seus escaparates. Tras o atentado que destruíu a galería Taller de Picasso, o mozo galerista Santiago Palet ideou unha homenaxe de desagravio ao pintor : artistas visuais, músicos, escritores, xente do cinema e do teatro foron convidados a crear un tapete –unha peza de algodón cunha puntilla– dedicado a Picasso. Un ano despois, estas obras expuxéronse en Vallauris, na mostra 1er. Rencontre International d’Hommage à Picasso. A exposición demostrou a indignación do mundo da arte ante a ultraxe ao artista, así como a frustración provocada pola actitude oficial que permitía estes ataques. A exposición, comisariada por Nadia Hernández, presenta unha selección da extraordinaria colección intervidos por autores nacionais e internacionais, por exemplo Rafael Alberti, Joan Brossa, Alexander Calder, Pau Casals, Equipo Crónica, Sonia Delaunay, Juan Xenovés, Hans Hartung, Wilfredo Lam, Joan Miró, Pablo Neruda e Antoni Tàpies, entre moitos outros.
Picasso, Pablo (1881-1973) Homenaxes Exposicións 635457Picasso, Pablo (1881-1973) Homenajes Exposiciones 635458
745 (083. 824) 2015