603447 Kakuta, Mitsuyo.
Luna de papel / Mitsuyo Kakuta ; traducción de Yoko Ogihara y Fernando Cordobés
Barcelona : Galaxia Gutenberg, 2023
301 p. ; 21 cm.
(Narrativa ; 320)
Rika é unha muller que acaba de casar e que intenta dun xeito humilde corresponder a imaxe que se forxou da felicidade conxugal, mais non tarda en decatarse de que entre ela e o seu esposo non hai nada que compartir. Para saír desa nada na que se converteu a súa vida, Rika só ve unha opción : reintegrarse ao mundo laboral, acadar certa autonomía económica, á vez que algo de vida social. Consegue un posto nun banco para vender depósitos de aforro a unha clientela moi particular : persoas maiores cuxa confianza debe gañar con visitas regulares aos seus domicilios e aceptando os seus convites a compartir un anaco de conversa arredor dunha cunca de té. Cando un mozo se cruza con ela na casa do seu avó, Rika xa abalou cara unha verdadeira adicción. Esa muller corrente acabará por concibir e realizar un dos maiores fraudes bancarios da época. Mitsuyo Kakuta explora en cada unha das súas novela os efectos da sociedade contemporánea na psicoloxía feminina. As súas heroínas son inolvidables precisamente por ser tan próximas : unha suma de sentimentos, a miúdo complexos, e á vez o produto das circunstancias e os acontecementos sempre imprevisibles.
978-84-19392-35-0
400418 Novela de la vida cotidiana400391 Novela da vida cotiá
821. 521-31"20"*V