559179 Harkham, Sammy.
La sangre de la virgen / Sammy Harkham ; [traducción, Alberto Gª Marcos]
[Logroño] : Fulgencio Pimentel, 2023
296 p. : il. ; 26 cm.
Los Ángeles, 1971. Seymour ten 27 anos, é montador e traballa para unha compañía especializada no chamado cine "exploitation" de baixo orzamento. Seymour, a súa muller e o seu bebé afánanse por saír adiante, mentres o primeiro escribe guións por encarga e espera que chegue a súa oportunidade. Cando o seu xefe merca un dos seus guións para un proxecto titulado "O sangue da virxe" e lle ofrece dirixilo, da comezo o periplo entre surrealista e cómico do libro. A medida que a película avanza nos ombros da ambición de Seymour, a súa vida familiar torna cada vez máis tensa. A rodaxe dá pé a unha espiral espazotemporal que á súa vez configura esta novela gráfica épica onde conflúen paternidade, sexo, creación e emigración xunto a temas coma o alborexar de Hollywood e. . . o Holocausto?
Sammy Harkham introdúcenos nun Los Ángeles oculto durante un momento crucial para a evolución da industria, o tránsito entre o último estertor dos grandes estudos e o auxe do cine independente. Á maneira dun calidoscopio, "La sangre de la virgen" cambia en cada viñeta, o contexto amplíase a medida que a historia evoluciona e constrúe unha intricada arañeira de soños e desenganos que permite ao lector achegarse ao núcleo do libro : o prezo agridoce de chegar a ser un mesmo.
978-84-19737-07-6
407220 Cómic de la vida cotidiana407236 Banda deseñada da vida cotiá547422 Cómic americano636342 Banda deseñada americana
821. 111 (73) -91"20"