Carson, Anne (1950-) aut 38179
A antropoloxía da auga / Anne Carson ; tradución de Jesús Castro Yáñez
[Santiago de Compostela] : Chan da Pólvora, [2023]
[162] p. ; 21 cm
(O Río ; 6)
O Río (Chan da Pólvora) 6 696927
A Antropoloxía da auga é ao tempo poema, ensaio e diario de viaxe, un texto desbordante que adopta a forma do pensamento que poda contelo. Valéndose de palabras en constante movemento, Anne Carson intenta reter as probas dun mundo coñecido que sabe xa fóra do seu alcance. Así, peregrina a paisaxe galega e a americana, os recunchos da familia e do espírito, a incomodidade do desexo ou a ansia de penitencia. E na caixa negra dese transitar queda rexistrado un mapa das súas relacións co xénero masculino, que se revela con máis elipses que liñas ou palabras que preferirían ser simplemente o impulso nervioso que convocan. É posible a iluminación mística sen que o fulgor da busca te acabe cegando? Pode un mal nadador moverse con fluidez nas augas da linguaxe? Cal é a densidade do incomunicable? Este libro fai preguntas coma quen trasfega un mar enteiro na cunca das mans e só se pode asistir con abraio á sede insaciable que se manifesta na escrita de Carson, unha figura capital das letras contemporáneas.
978-84-125905-2-4
Poesía 386652Poesía 386652383284 Ensayo383280 Ensaio
821. 111 (71) -14"19"821. 111 (71) -4"19"