TY - BOOK AU - Domínguez Castro,Luís AU - Muñoz Sánchez,Antonio AU - Giráldez Lomba,Antonio AU - Núñez Seixas,Xosé M. AU - Thomàs ,Joan Maria AU - Rodríguez Lago,José Ramón AU - Grandío Seoane,Emilio AU - Villares,Ramón AU - Domínguez Castro,Luís AU - Vilavedra,Dolores TI - Entre o Terceiro Reich e os Aliados: : Galicia e a Segunda Guerra Mundial T2 - (Consello da Cultura Galega. Actas) SN - 978-84-17802-46-2 PY - 2022/// CY - Santiago de Compostela PB - : Consello da Cultura Galega KW - Guerra mundial, 1939-1945 KW - Galicia N1 - Contén bibliografía N2 - Este volume recolle os relatorios da xornada Galicia e a Segunda Guerra Mundial que o Consello da Cultura Galega acolleu o 13 e o 14 de abril de 2021. Aquel conflito é un dos momentos centrais da historia da humanidade e Galicia non foi allea ao enfrontamento. A obra consta de tres seccións. A primeira versa sobre a Galicia do Eixe, é dicir, aqueles aspectos que foron unha contribución ao esforzo bélico do III Reich. Desfilan os traballadores e traballadoras forzadas e voluntarias que alimentaron a máquina de guerra nazi; o papel desempeñado na conflagración pola destacada colonia alemá en Vigo; os galegos da División Azul coas súas experiencias de combatentes, as súas motivacións e a súa extracción social e ideolóxica, así como a febre do volframio, nunha Galicia que concentrou o 29 % da produción hispana. A segunda sección, Galicia e os aliados, analiza as facetas que contribuíron a favorecer os intereses aliados. Estúdase a conivencia das redes norteamericanas e vaticanas para impedir a influencia nazi na Península; o labor dos servizos de información británicos en Galicia, como posible escenario dun desembarco aliado antes da invasión de Normandía, e finalmente faise unha aproximación á figura de Augusto Assía, rara avis de correspondente anglófilo. A terceira sección repara na pegada cultural da Segunda Guerra Mundial en Galicia, tanto de maneira directa, a través do seu eco na literatura, como de maneira indirecta, a través da súa ausencia na tentativa de crear a Unión Cultural dos países da Europa Occidental, no exilio londiniense de 1942. A Segunda Guerra Mundial é un lugar de memoria privilexiado que segue convocando tanto a memoria cambiante e acomodaticia como a historia evolutiva e atenta a cada presente. Un lugar de memoria no que Galicia, as súas xentes e a súa cultura deixan sinal. UR - http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4461 ER -