Jalowicz Simon, Marie (1922-1998) 732049
Clandestina : una joven sobrevive en Berlín 1940-1945 / Marie Jalowicz Simon ; edición a cargo de Irene Stratenwerth y Hermann Simon ; epílogo de Hermann Simon ; traducción de Ibon Zubiaur
[Cáceres] : Periférica : Errata Naturae Editores, 2022
466 p. ; 22 cm
En 1942, Marie Jalowicz Simon, unha xudía berlinesa de dezanove anos, decidiu que faría o imposíbel para evitar os campos de concentración. Porque moi cedo moitos souberon cara onde ían eses trens, souberon que á fin daquelas viaxes só había morte. Abandonou entón a fábrica de Siemens onde era traballadora forzosa, arrincouse a estrela amarela, asumiu unha identidade falsa e desapareceu na cidade. Nos anos seguintes, Marie ocultouse ondequeira que se lle ofrecese refuxio, vivindo cos máis insólitos compañeiros e anfitrións, desde artistas de circo e comunistas comprometidos até nazis furibundos. Porén, como aprendeu rapidamente, a compasión e a crueldade a miúdo son dúas caras da mesma moeda. Cincuenta anos despois, apenas uns meses antes da súa morte, Marie accedeu a contar a súa historia por primeira vez. Narrada cunha honestidade inquebrantábel, Clandestina é un libro como ningún outro sobre a vida cotiá, indecibelmente hostil e ás veces absurda, mais tamén desbordante da beleza e esperanza, no Berlín da guerra. Implacábel, a autora descrebe cunha franqueza fóra do común, sen caer no sentimentalismo, a súa loita por sobrevivir na máis imperiosa soidade. Até xuño de 1945 escapou a redadas, denuncias, violencia, frío, enfermidades e fame. Tamén ás máis descarnadas escenas de abuso : as súas singulares fazañas desvelan todas as contradiccións e ambivalencias do ser humano. Sen tabúes e chea de humor, a súa inusual coraxe, a súa perspicacia e o seu enxeño manterana a salvo. As súas memorias son, ao mesmo tempo, un documento histórico sen precedentes e o legado dunha muller excepcional, de absoluta lucidez e heroísmo.
978-84-19158-15-4 (Errata Naturae) -978-84-18838-51-4 (Periférica)
385016 Memorias385016 Memorias
821. 112. 2-94"19" 2015