Zamora, Augusto. 443561
De Ucrania al mar de la China : el eje ruso-chino ante un occidente roto / Augusto Zamora R. ; ilustraciones de Anthony Garner
Madrid : Akal, 2022
235 p. : il. ; 25 cm
(La palabra ilustrada ; 20)
O actual barullo do mundo acelerou os enfrontamentos e rivalidades que viñan divisando no horizonte xeopolítico mundial. O que antes era un proceso a medio prazo converteuse nun presente alarmante na pugna por unha nova orde internacional. Durante unha viaxe a India, en xaneiro de 2022, o xefe da Armada alemá, vicealmirante Kay-Achim Schönbach, recolleu nun discurso o gran dilema xeopolítico deste século xxi, o triángulo China-Rusia-Occidente, e afirmou que «Rusia é un país importante, mesmo nós –India, Alemaña– necesitamos a Rusia, porque necesitamos a Rusia contra China». As declaracións non gustaron e Schönbach viuse obrigado a renunciar ao seu cargo. De feito, na Europa atlantista impúxose a visión de EEUU, e a OTAN optou por escalar o conflito con Rusia en Ucraína. Rusia e China, hoxe, son máis aliados que nunca. EEUU, á súa vez, está empeñado en organizar unha fronte no Pacífico contra unha China cada vez máis forte. O mundo, da man de Washington, camiña cara a unha guerra global, con 2030 como data clave. A hipótese exposta polo autor en obras anteriores está a cumprirse, aínda que cun nivel de confrontación que non se prevía nin tan rápido nin tan virulento. A guerra en Ucraína é apenas o principio. O que está por vir é peor, moito peor, se ninguén fai nada para impedilo. E parece que non se está polo labor.
978-84-460-5221-0
393998 GeopolíticaXeopolítica 393999Política mundial 337973
377721 Rusia - Relaciones internacionales - China (República Popular) Rusia - Relacións internacionais - China (República Popular) 423689
327 (100)