TY - BOOK AU - Infante,Eduardo AU - Macía,Cristina TI - Gastrosofía: una historia de la filosofía a través de la gastronomia SN - 9788412473926 PY - 2022/// CY - Barcelona PB - : Rosamerón KW - Filosofía KW - Obras de divulgación KW - Gastronomía N2 - Un menú pitagórico vegano, un menú kantiano servido á hora en punto, unha comida medieval con fondo de 'Carmina Burana' ou un Banquete digno do mellor Sócrates. Un ameno percorrido polo que pensaron sobre a comida –e o que comeron ou beberon– algúns dos filósofos máis ilustres. Mediado o século XIX, o pintoresco pensador alemán Eugen von Vaerst escribiu un delicioso texto titulado 'Gastrosophie', unha elexía hedonista á comuñón entre o bo comer, o bo pensar e o ben vivir. No seu ronsel, os autores deste libro emprenden unha peregrinaxe desde as normas culinarias de Pitágoras á frugalidade de Platón (coa excepción dos higos), ambos os máis interesados na pureza da alma ou das ideas que nas alegrías do corpo; sen esquecer o idílico Xardín de Epicuro, precedente do autocultivo bio, pasando pola enfermiza teima de xaxuar dalgúns insignes pensadores do medievo, ata chegar á insospeitada afección ao viño do circunspecto Hegel ou á non tan insospeitada querenza pola cervexa e os habanos dun perpetuo aspirante a «bon vibant» como Marx ER -