López Mondéjar, Lola 113044
Invulnerables e invertebrados : mutaciones antropológicas del sujeto contemporáneo / Lola López Mondéjar
Barcelona : Anagrama, 2022
351 p. ; 23 cm
(Argumentos ; 574)
Argumentos (Anagrama) 388666
Un ensaio valente e profundo que estuda como se expresa o suxeito posmoderno na época da hiperconectividade, a desafección e o individualismo. Cada época produce uns determinados malestares que a representan. Se o século XIX foi o século da histeria e a neurose obsesiva, as patoloxías que definirían o noso tempo serían a depresión, as adiccións, a ansiedade, a anorexia e a bulimia, o trastorno bipolar e a obesidade. Neste ensaio, a psicanalista Lola López Mondéjar analiza as estratexias que utiliza o individuo para sobrevivir á incerteza crecente, as mutacións antropolóxicas que nos afectan e as inquietudes que se derivan delas, a partir do que define como «fantasía de invulnerabilidade» : unha particular ilusión narcisista que permite, a modo de defensa, refuxiarse na omnipotencia e negar a fraxilidade. Esta dinámica psíquica dará como resultado seres en aparencia invulnerables pero profundamente invertebrados, ao carecer de calquera forma de eixo moral. Teoría psicoanalítica, socioloxía, filosofía, cinema e literatura, xunto coa súa propia experiencia clínica, tecen unha análise co que a autora indaga nalgúns dos síntomas contemporáneos. Obesidade, actuacións compulsivas, amor e desamor nos tempos de Tinder ou a desesperada procura de identidade actual son exemplos dunha personalidade oca e carente de reflexividade, que impide aos homes e mulleres así conformados o acceso a unha subxectividade crítica e creativa. Un ensaio profundo e valente, que lanza luz sobre cuestións que incumben á produción de individualidade na modernidade tardía.
9788433964878
Psicoanálise 716380391667 Psicoanálisis
2015 821. 134. 2-4"20"159. 964. 21