Mulleres de San Simón : álbum fotográfico /
Redondela : Concello, [2021]
79 p. : il. ; 15 x 21 cm.
"A illa de San Simón converteuse nun campo de concentración entre 1936 e 1943. Alí estiveron presos arredor de 6. 000 homes por causas políticas. Algúns deles foron sacados para seren fusilados e os seus corpos aparecer nas cunetas. En 1938 fondeou o buque Upo Mendi reconvertido nunha cadea boiante. Máis de medio millar de presos viviron neste barco en condicións penosas. A imaxe que ofrecía a enseada era terrible. Neste tempo de terror existían unhas necesidades básicas. As mulleres de Redondela foron un verdadeiro punto de apoio tanto para os presos como para as súas familias. Esta solidariedade foi esencial para moitas persoas que vivían unha época tan dolorosa e durante a cal a vida pendía dun fío. As doenzas, a mala alimentación ou a falta de hixiene provocaron numerosas mortes. As chamadas “madriñas” non foron só lavandeiras. Tamén levaban comida, remendaban roupa, conseguían mantas, trasladaban cartas, ofrecían menciñas… Pro sobre todo foron seres humanos que ofreceron o pouco que tiñan para axudar a quen máis o necesitaba. Axudar os presos políticos en plena guerra era un xesto valente e arriscado. A represión en Redondela e arredores fora moi dura. Pero nada impediu que a solidariedade se impuxese ao medo. Realmente, as mulleres de San Simón foron verdadeiras heroinas en época de violencia. Esta foi unha das realidades que viviu Redondela na posguerra. As lembranzas quedaron vivas en moitas familias. Algunhas gardan, coma tesouros, agasallos feitos polos propios presos como forma de agradecemento. Houbo presos e madriñas que, tras saír da cadea, se casaron. Algúns, chegados dende outros puntos da península, decidiron residir en Redondela. Porque en cada persoa hai unha historia detrás. " (da web do Concello de Redondela)
929-055. 2 (460. 115 Redondela)