TY - BOOK AU - Tizón,Víctor TI - O Pexego Mecánico T2 - (Häinös) SN - 978-84-122491-6-3 PY - 2021/// CY - A Coruña PB - : Demo KW - Banda deseñada galega KW - Cómic galego KW - Cómic de humor KW - Banda deseñada de humor N2 - Sentado á porta do mercado, onde Rosendo vende pan de figo, o coello canta aquela de Los Chichos: "Liebre liebre quiero ser, quiero ser, quiero ser liebre" . Rosendo vende tamén pan de centeo ("cienteno" en castelán fundamentalista ), revolto de allos con ollos e fanegas de fanecas fanadas. Aos bos clientes, cando vai frío, agasállaos cun groliño de licor de pescada. Por diante pasa unha hipotética hipotenusa espeluxada coa súa filla da man, que chora laiándose: "Madre , darme merda!" "Agora non, nena" -respóndelle- "agora temos que dilucidar o paradoiro de Lucila; logo, en Lugo, se acaso..." De súpeto, un individuo entre voceando: "Eu acúsoo a vostede !" "De que?" -pregunta o aludido. "De recibo!" O segurata do mercado sae da súa garita cabreado: "A calar todo o mundo, estou a mirar o partido!" "E como van?" -pregunta un hipócrita apócrito. "Mal, o árbitro acaba de anular un gol de penalti por fóra de xogo do propio xogador que o lanzou". Mirando toda a escena, unha señora alta, pálida, con vestido negro e resplandecente gadaña, rosma: "Durme... Durme... Deixa que todo continúe sen ti". ER -