497265 Tizón, Víctor. aut ill
O Pexego Mecánico / Victor Tizón
1ª ed.
A Coruña : Demo, 2021
[72] p. : principalmente il. ; 24 cm
(Häinös)
Colección HäinöS (Demo Editorial) 567256
Sentado á porta do mercado, onde Rosendo vende pan de figo, o coello canta aquela de Los Chichos : "Liebre liebre quiero ser, quiero ser, quiero ser liebre". Rosendo vende tamén pan de centeo ("cienteno" en castelán fundamentalista) , revolto de allos con ollos e fanegas de fanecas fanadas. Aos bos clientes, cando vai frío, agasállaos cun groliño de licor de pescada. Por diante pasa unha hipotética hipotenusa espeluxada coa súa filla da man, que chora laiándose : "Madre, darme merda!" "Agora non, nena" -respóndelle- "agora temos que dilucidar o paradoiro de Lucila ; logo, en Lugo, se acaso. . . " De súpeto, un individuo entre voceando : "Eu acúsoo a vostede !" "De que?" -pregunta o aludido. "De recibo!" O segurata do mercado sae da súa garita cabreado : "A calar todo o mundo, estou a mirar o partido!" "E como van?" -pregunta un hipócrita apócrito. "Mal, o árbitro acaba de anular un gol de penalti por fóra de xogo do propio xogador que o lanzou". Mirando toda a escena, unha señora alta, pálida, con vestido negro e resplandecente gadaña, rosma : "Durme. . . Durme. . . Deixa que todo continúe sen ti".
978-84-122491-6-3
Banda deseñada galega 640642525729 Cómic galegoCómic de humor 417016Banda deseñada de humor 636346
741. 5821. 134. 4-91"20"