TY - BOOK AU - Ros,Ilu TI - Federico SN - 978-84-264-0941-6 PY - 2021/// CY - Barcelona PB - : Lumen KW - Biografías KW - Cómic español e hispanoamericano N2 - Federico só hai un. Non lle fan falta apelidos. Un nome que recoñecen tanto nenos como adultos, que soa a trasgo, a cante jondo e a romance popular, pero tamén á vangarda máis rompedora. Un nome que encarna a alegría e as sombras de España, a época máis brillante da nosa cultura desde a Idade de Ouro, pero tamén a guerra e a vergoña dun pobo que nunca poderá perdoarse a morte do poeta que máis o representaba. Neste libro escoitamos as voces daqueles que o coñeceron, desde a súa familia próxima ata a lexión de amigos e amigas que o frecuentaron nos seus anos granadinos, nas esmorgas líricas da Residencia de Estudantes ou ao longo da súa intensa vida literaria. E, por suposto, a súa propia: a do poeta, a do dramaturgo, a do conferenciante, coa claridade dunhas ideas que hoxe teñen a mesma forza, e, por n, a voz espida do fillo, do irmán e do amante namorado. Ilu Ros fusiona voces e palabras coas súas ilustracións, que nos arrastran como a magnética personalidade de Federico García Lorca: icona de xeracións pasadas, presentes e futuras. ER -