700136 Torres Zalba, Juan
El primer senador de Roma : Carthago delenda est / Juan Torres Zalba
Madrid : La Esfera de los Libros, 2020
836 p. ; 24 cm
En pleno século II a. de C., Roma é a máxima potencia do Mediterráneo tras derrotar á Cartago de Aníbal e aos poderosos reinos de Siria e Macedonia. Con todo, a pesar da súa posición dominante, xa nada é suficiente para os membros das familias senatoriais, xa sexan Escipiones, Claudios, Fabios, Licinios, Fulvios ou Sulpicios. Arrastrados polo ansia de incrementar o seu prestixio a través de xestas militares e a obtención do maior número de honras e dignidades, non dubidan en servirse de intrigas, alianzas e deslealdades para saciar apetitos e ambicións persoais. É o mundo, ao cabo, duns emerxentes Escipión Emiliano e Apio Claudio Pulcro, ou duns mozos Tiberio e Cayo Sempronio Graco, netos de Escipión Africano e fillos de Cornelia, a matrona exemplar. É, tamén, o tempo dun ancián e acedo Marco Porcio Catón, quen nos estertores da súa vida fará famoso o soado « Carthago delenda est», Cartago debe ser destruída.
978-8491648130
377487 Roma - Novelas - Historia
650351 Novela histórica400306 Novela histórica
821. 134. 2-31"20"*H