McEwan, Ian (1948-) 390244
Máquinas como yo : y gente como vosotros / Ian McEwan ; traducción de Jesús Zulaika
1ª ed.
Barcelona : Anagrama, 2019
355 p. ; 23 cm
(Panorama de narrativas ; 1010)
454944 Panorama de narrativas (Anagrama)
Londres, anos oitenta do século pasado. Pero un Londres distópico e alternativo, no que a historia seguiu algúns carreiros diferentes. Por exemplo, o Reino Unido perdeu a Guerra das Malvinas e o científico Alan Turing non se suicidou atormentado polas consecuencias do xuízo ao que foi sometido nos anos cincuenta pola súa homosexualidade, senón que segue vivo. Non só vivo, de feito, senón plenamente activo, e dedicado ao desenvolvemento da intelixencia artificial, campo no que conseguiu un fito : a creación dos primeiros seres humanos sintéticos, uns prototipos aos que dá o nome –segundo o seu sexo– de Adán e Eva. Charlie compra un dos Adanes da primeira fornada, pensados para facer compañía e axudar na casa, e con axuda da súa amante, a moza Miranda, prográmao ao seu gusto. Pero Miranda oculta un terrible secreto, e ese ser sintético practicamente perfecto, sen as fisuras pero tamén sen os matices morais dos verdadeiros humanos, acabará descubríndoo. E así, a peculiar relación triangular entre Charlie, Miranda e Adán derivará nunha crecente tensión que obrigará aos personaxes a tomar decisións difíciles e arrastrará ao lector a exporse dilemas morais tan incómodos como necesarios.
9788433980465
502276 Novela de ciencia ficción502276 Novela de ciencia ficción
2015 821. 111-31"20"*C