TY - BOOK AU - Wever,Anuna de AU - Gantois,Kyra AU - Olyslaegers Jeroen AU - Grande,Julio TI - El clima somos nosotras: : una carta al mundo SN - 9788491815921 PY - 2019/// CY - Madrid PB - : Alianza KW - Cambios climáticos KW - Ecoloxismo KW - Ecologismo N2 - Empezaron sendo dúas. Sentadas á mesa da cociña, Anuna e Kyra compartiron as súas preocupacións sobre o clima. Entón decidíronse: xa era suficiente. O 10 de xaneiro, na praza dunha cidade asediada pola policía, os estudantes belgas organizaron unha protesta contra a actual política climática. Non había suficiente espazo para os tres mil estudantes que alí se deron cita. Unha semana máis tarde, había doce mil cincocentos; á semana seguinte, trinta e cinco mil. Rapidamente, Anuna e Kyra convertéronse na cara visible dunha protesta xeracional que non consentiría aos políticos tranquilizarnos con palabras baleiras. Nesta carta, dúas mozas activistas anímannos a alzar as nosas mans: fronte aos políticos e os lexisladores, incluso aos nosos pais e avós. Precisamente pola súa inxenuidade, expóñense abertamente. A mensaxe é clara, directa: de maneira inevitable, o tempo pasa e o futuro axexa. ER -