César, Cayo Julio (100-44 a. C) aut 396822
A guerra da Galia / Gaio Xulio César ; tradución de Alfonso Blanco Quintela
Santiago de Compostela : Laiovento, 2019
370 p. ; 21 cm.
(Narrativa ; 371)
425228 Narrativa (Edicións Laiovento)
Bibliografía. Índice analítico
Este texto, narrado nunha das terceiras persoas máis famosas da Historia da Literatura, relata a conquista da Galia polo seu autor. A obra foi concibida como un relato de campaña bélica destinado a fornecer dunha fonte de primeira man a historiadores posteriores, pero tamén como unha arma de propaganda : neste senso, o seu fin foi incrementar a influencia da figura de César na opinión pública informada da antiga Roma, e así servir de alicerce para a concreción das súas ambicións de poder. Por iso, A guerra da Galia constitúe unha fonte da maior importancia para comprender o seu xeito de actuar, así como a súa personalidade. Os efectos sobre o territorio da conquista de César séntense aínda hoxe, pois a administración da Galia como provincia converteuna nunha peza básica do Imperio Romano, da que xurdiría o reino medieval dos francos e o futuro estado francés. Polo que toca á pegada do texto na posteridade, xa desde o Renacemento esta obra foi moi lida e admirada por un gran número de gobernantes e militares europeos, que nela aprenderon nocións de estratexia bélica, e tamén de habelencia política. Ademais, para moitas xeracións de estudantes de latín de toda Europa, este foi o primeiro texto amplo ó que se enfrontaron, e co que abriron unha porta á súa propia comprensión do funcionamento da lingua de Roma. Coidamos que todas estas razóns son máis que abondas para que o idioma galego se conte, por fin, entre as moitas linguas que posúen unha tradución de A guerra da Galia.
978-84-8487-444-7
Galia Historia 58-51 a. C. (Guerra das Galias) 633802Galia Historia 58-51 a. C. (Guerra de las Galias) 662225
821. 124'02-94"-00"94 (363. 4) "-00"