Castelao, Carlos (1970 -) aut 676108
As orixes da fotografia en Galicia : estudios composteláns do XIX / Carlos Castelao
Santiago de Compostela : Alvarellos : Consorcio de Santiago, 2018
298 p. : il., fot. ; 21 cm
Bibliografía : p. 284-292
Unha obra pioneira, resultado de anos de fonda investigación, que achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica na Galicia do século XIX. O seu autor, o fotohistoriador Carlos Iglesias Castelao (de orixe asturiana e afincado en Compostela dende 1988) , ofrece nestas páxinas un traballo rigoroso, documentadísimo e enormemente didáctico. Un volume ilustrado con máis de 350 imaxes (moitas delas, totalmente inéditas) que principia situando os albores da fotografía no noso país para presentar de seguido o máis completo traballo coñecido ata hoxe sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto. Son as precursoras e precursores da nova arte da imaxe en Santiago de Compostela. Trázase a biografía de ata vinte e catro profesionais e os seus estudios fotográficos ; demóstrase a interrelación nunha maioría deles, a súa ideoloxía común progresista ou o seu achegamento á masonería. Dedícase un apartado á presenza da muller na fotografía con novas descubertas arredor de Rosalía de Castro e os seus fotógrafos. Inclúese a historia completa do primeiro fotógrafo galego con estudio propio, Andrés Cisneros, e mesmo descubrimos feitos ben singulares como a historia do neno fotógrafo Luis Hermida, de oito anos. . . Trátase, en fin, dun traballo sen precedentes na historia galega da fotografía que nos fará gozar desta arte que, na segunda metade do século XIX, cambiaría a nosa forma de ver o mundo.
978-84-16460-51-9 (Alvarellos) -978-84-16753-29-1 (Consorcio de Santiago)
Fotografía Historia 19º século 465759Fotografía Historia 19º siglo 465761
94 : 77 (460. 11) "18" 2015