Freire, Paulo (1921-1997) aut 69564
Pedagoxía do oprimido / Paulo Freire ; tradución de Ramón Nicolás ; epílogo de Xavier Besalú
Pontevedra : Kalandraka, 2018
268 p. ; 22 cm
(Biblioteca de Pedagoxía ; 7)
Biblioteca de Pedagoxía (Kalandraka) ; 7 645585
Bibliografía.
Ensinar o alumnado a «ler o mundo» para poder transformalo é o obxectivo da escola, segundo Paulo Freire, o máis célebre educador brasileiro. Coñecido polo método de alfabetización de adultos que leva seu nome, a súa obra máis destacada é “Pedagoxía do oprimido” (1968) , convertida nunha icona da pedagoxía progresista e nun clásico do pensamento. Parte dunha fonda e complexa lectura da realidade latinoamericana, propoñendo unha vía e un horizonte para a transformación radical das persoas e das sociedades. Para o autor, o maior reto da educación é dotar as persoas de consciencia : a función dos educadores é desafiar os educandos, provocar, preguntar e promover neles novas formas de comprensión da realidade. Así, cre na profesión de educador non como un oficio técnico nin aséptico, senón que require un compromiso ético e político coa emancipación das persoas e coa redución das desigualdades sociais, polo que debe ter claro a prol de que e de quen educa, e en contra de que e de quen. Neste sentido, rexeita o sistema educativo tradicional -que califica como educación «bancaria»- e propón como alternativa un sistema que desenvolva unha visión crítica do mundo. O educador, pois, debe trascender os límites da aula e actuar como cidadán para acadar os mesmos fins polos que loita na escola. Ademais, a pedagoxía liberadora de Freire procura a reflexión e o cambio nas relacións do individuo coa natureza e a sociedade a través de diversas técnicas de ensino baseadas na pedagoxía humanista-espiritualista. As súas experiencias educativas en Brasil, Chile, Guinea Bissau e Europa deron como froito numerosos libros traducidos en moitos países ; sen embargo, non foi ata a década de 1970 cando comezaron a ser lidos en España, e en Galicia tiveron moita influencia entre o movemento rural. Esta edición en galego de “Pedagoxía do oprimido” chega 50 anos despois sendo aínda unha referencia imprescindible a nivel internacional.
978-84-8464-404-0
1580 Educación - FilosofíaEducación - Filosofía 414189Sociología de la educación 348149Socioloxía da educación 1581331558 Pedagogía social Latinoamérica331626 Pedagoxía social Latinoamérica
37. 01137. 015. 437. 013. 42 (8)