Vista normal
Vista MARC
El acontecimiento / Annie Ernaux ; traducción de Mercedes y Berta Corral
por Ernaux, Annie (1940- )
.
Tipo: 
Biblioteca de orixe | Localización actual | Sinatura | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós | Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós 1º andar | N (FR) ERN aco | Dispoñible | 02087350 |
|
Reservas totais: 0
Tit. orix. : L'événement.
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Comentado por Iria C.
24/01/2023Annie Ernaux relata en El acontecimiento a súa experiencia co aborto clandestino na Francia dos anos sesenta do século pasado, a soidade e a incomprensión dunha sociedade que se desentende ante a desgraza que supón o embarazo para tantas mulleres.
A autora utiliza unha linguaxe precisa e sinxela, desprovista de calquera artificio ―porque o que importa é a historia― nunha narración na que toma distancia á hora de comunicar as sensacións desa época, pero na que se intercalan ―entre paréntese― as reflexións e as emocións que sobre o vivido aparecen no momento da escritura.
Á marxe de posturas persoais ante a intervención voluntaria do embarazo, resulta difícil non sentir, polo menos, un profundo respecto ante a serenidade e a determinación de quen continúa adiante a pesar das trabas e das penalidades que lle poden impoñer e, sobre todo, sabendo que a súa vida corre perigo.