Vista normal Vista MARC

As cousas polo nome / Rebekka Salm ; traducción, posfacio e notas de Laureano Araujo

por Salm, Rebekka (1979-) [autor]; Araujo, Laureano [tradutor].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries (Narrativa ; 468).Editor: Santiago de Compostela : Laiovento , 2025 Descrición: 181 p. ; 21 cm.ISBN: 9788484877431.Materia(s): Novela social y política | Novela social e política | Novela da vida cotiá | Novela de la vida cotidiana | Ficción contemporáneaResumo: «Vale, a historia per se non é nada novo. Un tío pilla unha nena. A nena non quere. Aínda así, o tío píllaa, porque pode. Igual tamén porque ten que facelo para ser un tío, ou? Todo o mundo o sabe. Fin. Pois iso, esta é a historia». Nos anos oitenta, nunha vila da Suíza alemá, unha rapaza é violada e, apremada polos pais, casa co violador. O delito queda tapado baixo un manto de silencio. Décadas máis tarde, a muller descobre que o seu amante foi unha testemuña pasiva da violación. As cousas polo nome publicouse por primeira vez en 2022. A novela retrata a vida, non precisamente feliz, no ambiente denso dunha pequena localidade, con todos os matices e os dixomedíxomes que pesan sobre os segredos varridos debaixo da alfombra. A vila é un biótopo onde impera a xenofobia, onde todo xira «en círculo, sempre en círculo», e onde nada perturba a orde patriarcal. As cousas polo nome tivo unha excelente acollida, até o punto de que estivo durante meses na listaxe dos mellores libros que elabora a radiotelevisión pública suíza SRF. A crítica loa sobre todo a capacidade da autora de construír e narrar historias entrelazadas que poderían lerse como relatos independentes que iluminan desde diferentes perspectivas unha violación silenciada durante décadas. Lista(s) nas que aparece este ítem: BPC Miguel González Garcés. Novidades Adultos
Etiquetas desta biblioteca: Non hai etiquetas desta biblioteca para este título. Para engadir etiquetas ingrese na súa conta do catálogo.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Biblioteca de orixe Localización actual Sinatura Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Reserva de exemplares Datos do exemplar
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
Depósito Galicia
DL 41991 Acceso restrinxido BC000086940
Ourense – Biblioteca Móbil de Ourense
Ourense – Biblioteca Móbil de Ourense
Biblioteca móbil
N SAL cou Prestado 09/04/2026 BMOU1000003702
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
Sala préstamo
N SALM cou [Novidades] Prestado 19/02/2026 BC000084970
Ourense - Biblioteca Móbil de Ourense Occidental
Ourense - Biblioteca Móbil de Ourense Occidental
Biblioteca móbil
N SAL cou Dispoñible BMOU2000002200
Reservas totais: 0

«Vale, a historia per se non é nada novo. Un tío pilla unha nena. A nena non quere. Aínda así, o tío píllaa, porque pode. Igual tamén porque ten que facelo para ser un tío, ou? Todo o mundo o sabe. Fin. Pois iso, esta é a historia». Nos anos oitenta, nunha vila da Suíza alemá, unha rapaza é violada e, apremada polos pais, casa co violador. O delito queda tapado baixo un manto de silencio. Décadas máis tarde, a muller descobre que o seu amante foi unha testemuña pasiva da violación.
As cousas polo nome publicouse por primeira vez en 2022. A novela retrata a vida, non precisamente feliz, no ambiente denso dunha pequena localidade, con todos os matices e os dixomedíxomes que pesan sobre os segredos varridos debaixo da alfombra. A vila é un biótopo onde impera a xenofobia, onde todo xira «en círculo, sempre en círculo», e onde nada perturba a orde patriarcal.
As cousas polo nome tivo unha excelente acollida, até o punto de que estivo durante meses na listaxe dos mellores libros que elabora a radiotelevisión pública suíza SRF. A crítica loa sobre todo a capacidade da autora de construír e narrar historias entrelazadas que poderían lerse como relatos independentes que iluminan desde diferentes perspectivas unha violación silenciada durante décadas.

Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.

Non hai comentarios sobre este documento.

Ingrese na súa conta para facer un comentario.

Coa tecnoloxía Koha