Gardas! Gardas! : unha novela do Mundodisco / Terry Pratchett ; tradución de Miguel Fernández Álvarez
por Pratchett, Terry (1948-2015 )
; González Álvarez, Miguel [tradutor]
.
Tipo: 


O idealista anano de case dous metros, Cenoria, entra na Garda da Noite da cidade de Ankh-Morpork, a máis grandiosa do Mundodisco, para arrestar ladróns asasinos coa Lei na man, algo nunca antes visto. Os tres veteranos que integran esta garda escangallada e sen sentido son o capitán Vimes, o sarxento Colon e o cabo Nobbs.
Xuntos terán que lidar cunha rutina que rompe pois, malia que se creu extinto durante moito tempo, un magnífico exemplar de draco nobilis apareceu na cidade. Este perigoso visitante non só ten o desagradábel costume de calcinar todo ao seu paso, senón que, en pouco tempo, é coroado Rei . Como chegou alí? Poderá a Garda da Noite restaurar a orde dunha cidade sen lei? Maxia, caos e un dragón asexador… Quen podería pedir máis?
Tít.orix.: Guards! Guards!
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.