Vista normal Vista MARC

A pedazos / Hanif Kureishi ; traducción de Mauricio Bach

por Kureishi, Hanif (1954-); Bach, Mauricio (1965-) [tradutor].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries Panorama de narrativas (Anagrama): ; 1158Editor: Barcelona : Anagrama , 2025 Edición: 1ª edición.Descrición: 254 páxinas ; 22 cm.ISBN: 9788433946898.Materia(s): Novela biográfica | Novela biográfica | Biografías | Ficción contemporáneaResumo: No Nadal de 2022, mentres pasaba as vacacións en Roma coa súa parella, Isabella, Hanif Kureishi sufriu un desmaio e esborrallouse. Ao recuperar a consciencia atopouse no chan, rodeado dun charco de sangue, e non tardou en descubrir que era incapaz de moverse. Unha vez no hospital, os médicos confirmaron que quedara parapléxico. Este libro testemuñal —que é moito máis que un libro testemuñal— está escrito en forma de despachos de urxencia, ou como entradas dun diario ditado durante a súa estancia en varios hospitais, primeiro en Roma e despois, xa de volta a casa, en Londres. Unha escritura fragmentaria, a pedazos, na que o autor relata a súa dura realidade diaria, a súa completa dependencia dos demais, a difícil asimilación do seu novo estado, as sesións de fisioterapia coas que recuperar algo de sensibilidade e mobilidade nas extremidades, a relación co persoal médico, a incipiente amizade con outros pacientes e as tenues esperanzas ante cada pequeno signo de posible melloría. Kureishi, con todo, non se limita a sentar acta do seu día a día hospitalario, que conta sen panxoliñas, senón que tamén evoca a súa infancia, o descubrimento da literatura, os primeiros traballos no mundo do teatro, a fama que o levou a visitar Hollywood nomeado ao Óscar polo guión de "Mi hermosa lavandería", as súas aventuras sexuais ou a amizade con autores como Salman Rushdie. Estas páxinas, cheas de zumarentas reflexións sobre o oficio e o sentido da escritura como acto creativo, convértense para el nunha arma de combate: un modo de asimilar e ao mesmo tempo rebelarse contra a súa situación. Constitúen un relato testemuñal e íntimo, pero tamén unha nova mostra da prosa vívida e visceral de Kureishi, que non fuxe do carnal e o escatolóxico. Un libro sincero, desgarrador, conmovedor. A escritura como salvavidas. Lista(s) nas que aparece este ítem: BPM Xosé Neira Vilas. Novidades libro adulto | BPC Miguel González Garcés. Novidades Adultos
Etiquetas desta biblioteca: Non hai etiquetas desta biblioteca para este título. Para engadir etiquetas ingrese na súa conta do catálogo.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Biblioteca de orixe Localización actual Sinatura Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Reserva de exemplares Datos do exemplar
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
Sala préstamo
N KURE ped [Novidades] Prestado 10/10/2025 BC000083189 1
Oleiros – Biblioteca Central Rialeda
Oleiros – Biblioteca Central Rialeda
Sala préstamo
N KUR ape Prestado 06/10/2025 col0000278807 1
Vigo – Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
Vigo – Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
Sala xeral
929Hureishi KUR ape Prestado 08/10/2025 VIGO1000022214
Reservas totais: 2

No Nadal de 2022, mentres pasaba as vacacións en Roma coa súa parella, Isabella, Hanif Kureishi sufriu un desmaio e esborrallouse. Ao recuperar a consciencia atopouse no chan, rodeado dun charco de sangue, e non tardou en descubrir que era incapaz de moverse. Unha vez no hospital, os médicos confirmaron que quedara parapléxico. Este libro testemuñal —que é moito máis que un libro testemuñal— está escrito en forma de despachos de urxencia, ou como entradas dun diario ditado durante a súa estancia en varios hospitais, primeiro en Roma e despois, xa de volta a casa, en Londres.
Unha escritura fragmentaria, a pedazos, na que o autor relata a súa dura realidade diaria, a súa completa dependencia dos demais, a difícil asimilación do seu novo estado, as sesións de fisioterapia coas que recuperar algo de sensibilidade e mobilidade nas extremidades, a relación co persoal médico, a incipiente amizade con outros pacientes e as tenues esperanzas ante cada pequeno signo de posible melloría. Kureishi, con todo, non se limita a sentar acta do seu día a día hospitalario, que conta sen panxoliñas, senón que tamén evoca a súa infancia, o descubrimento da literatura, os primeiros traballos no mundo do teatro, a fama que o levou a visitar Hollywood nomeado ao Óscar polo guión de "Mi hermosa lavandería", as súas aventuras sexuais ou a amizade con autores como Salman Rushdie.
Estas páxinas, cheas de zumarentas reflexións sobre o oficio e o sentido da escritura como acto creativo, convértense para el nunha arma de combate: un modo de asimilar e ao mesmo tempo rebelarse contra a súa situación. Constitúen un relato testemuñal e íntimo, pero tamén unha nova mostra da prosa vívida e visceral de Kureishi, que non fuxe do carnal e o escatolóxico. Un libro sincero, desgarrador, conmovedor. A escritura como salvavidas.

Título orixinal: Shattered

Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.

Non hai comentarios sobre este documento.

Ingrese na súa conta para facer un comentario.

Coa tecnoloxía Koha