Vista normal Vista MARC

As guerras : entre a retórica e a violencia / José Carlos Bermejo Barrera

por Bermejo Barrera, José Carlos (1952-) [autor].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries (Ensaio ; 462).Editor: Santiago de Compostela : Laiovento , 2025 Descrición: 203 p. : mapas ; 21 cm.ISBN: 978-84-8487-727-1.Materia(s): Guerra | Guerra | Ensaio | EnsayoResumo: A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun “modelo occidental” da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE. UU., seguen defendendo este modelo. Este libro analiza como se “racionaliza” a guerra, defendendo a existencia dunha vinculación íntima entre a estratexia militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado-nación. A realidade foi moito máis complexa, porque a guerra vai unida á imposición de réximes políticos, permite consolidar a explotación económica e fomenta a hostilidade constante entre estados, elementos todos eles xa presentes na antigüidade clásica, que intentaría regular a guerra a través do dereito. A partir da I Guerra Mundial, nace a guerra de materiais, que supón un incremento xigantesco da capacidade de destrución. Pero esta ocúltase construíndo a imaxe dunha “guerra hixiénica”, que nega o sufrimento real dos combatentes e da poboación civil, sobre todo dos nenos e as mulleres, que sofren un tipo de violencia bélica moi específico, tal como se pode ver no último capítulo do libro. Neste libro analízase a “guerra vivida”, non só a pensada, na perspectiva que defendía Luciano de Samosata no século II da nosa era, cando dicía que o historiador debe ter a capacidade de dicir a verdade, querer contala e non facerlle as beiras aos poderosos. Lista(s) nas que aparece este ítem: Biblioteca Lugo : Novidades non ficción xullo2025 | BPV non ficción xullo 2025
Etiquetas desta biblioteca: Non hai etiquetas desta biblioteca para este título. Para engadir etiquetas ingrese na súa conta do catálogo.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Biblioteca de orixe Localización actual Sinatura Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Reserva de exemplares Datos do exemplar
Lugo – Biblioteca Pública de Lugo
Lugo – Biblioteca Pública de Lugo
Sala préstamo
355 BER gue [novidades] Dispoñible BL000051134
Vigo – Biblioteca Pública Juan Compañel
Vigo – Biblioteca Pública Juan Compañel
Sala préstamo
355 BER gue Prestado 13/08/2025 BV000104399
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
Depósito Galicia
DL 11354 Acceso restrinxido BC000081348
Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós
Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós
2º andar
355 BER gue Dispoñible BO000084907
Reservas totais: 0

Bibliografía

A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun “modelo occidental” da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE. UU., seguen defendendo este modelo.
Este libro analiza como se “racionaliza” a guerra, defendendo a existencia dunha vinculación íntima entre a estratexia militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado-nación.
A realidade foi moito máis complexa, porque a guerra vai unida á imposición de réximes políticos, permite consolidar a explotación económica e fomenta a hostilidade constante entre estados, elementos todos eles xa presentes na antigüidade clásica, que intentaría regular a guerra a través do dereito.
A partir da I Guerra Mundial, nace a guerra de materiais, que supón un incremento xigantesco da capacidade de destrución. Pero esta ocúltase construíndo a imaxe dunha “guerra hixiénica”, que nega o sufrimento real dos combatentes e da poboación civil, sobre todo dos nenos e as mulleres, que sofren un tipo de violencia bélica moi específico, tal como se pode ver no último capítulo do libro.
Neste libro analízase a “guerra vivida”, non só a pensada, na perspectiva que defendía Luciano de Samosata no século II da nosa era, cando dicía que o historiador debe ter a capacidade de dicir a verdade, querer contala e non facerlle as beiras aos poderosos.

Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.

Non hai comentarios sobre este documento.

Ingrese na súa conta para facer un comentario.

Coa tecnoloxía Koha