Vista normal Vista MARC

Japón : [exposición] : el elogio de la elegancia : pintura, grabado y laca de los siglos XVIII y XIX / [coordinación, Alfonso Palacio, Sara Moro ; textos, Yayoi Kawamura, David Almazán].

por Museo de Zaragoza; Palacio, Alfonso (1975- ); Moro García, Sara (1987- ); Kawamura, Yayoi (1951- ); Almazán Tomás, Vicente David ( 1971-); Asociación de Amigos del Museo de Bellas Artes de Asturias; Museo de Bellas Artes de Asturias.
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Oviedo : Amigos del Museo de Bellas Artes de Asturias , [2025] Descrición: 267 p. : il. cor ; 24 cm.ISBN: 978-84-09-69117-3.Materia(s): Museo de Zaragoza -- Colecciones de arte -- Exposiciones | Museo de Zaragoza -- Coleccións de arte -- Exposicións | Arte japonés -- 1701-1900 -- Exposiciones | Arte xaponés -- 1701-1900 -- ExposiciónsResumo: A exposición representa a madurez que alcanzou a arte no período Edo (1615-1868), un longo período de estabilidade cultural en Xapón. Son pinturas, estampas, lacas urushi e outras artes que pertencen principalmente aos séculos XVIII e XIX. As obras expostas proceden do Museo de Zaragoza: por unha banda, da colección de arte oriental de Federico Torralba (1913-2012), e das coleccións de obra gráfica xaponesa Pasamar-Onila e de M.A. Gutiérrez. Á vez, dúas obras gráficas do pintor Léonard Foujita (1886-1988) que o Museo de Belas Artes de Asturias posúe completan a mostra. Expóñense basicamente dous tipos de pintura nos seus variados formatos tradicionais, que son, por unha banda, a pintura en cor de longa tradición que se remonta ao século X e, doutra banda, a pintura monocromática moi vinculada ao budismo zen, caracterizada polas sutís augadas capaces de expresar unha gran variedade de grises e polos hábiles trazos do pincel. O gravado de madeira experimentou tamén un gran desenvolvemento artístico e técnico na segunda metade do século XVIII. Este gravado denominado de estilo ukiyoe ten nesta exposición unha ampla presenza: elegantes mulleres, gallardos homes e fantásticas paisaxes e naturezas, que inclúen obras de Utamaro, Hokusai e Hiroshige. O gravado ukiyoe, amplamente coñecido en Europa desde finais do século XIX, foi o principal causante do japonismo no ámbito europeo e americano no paso do século XIX ao XX. Os obxectos de laca xaponesa urushi que acompañaban a vida da clase samurái e dos acomodados cidadáns como caixiñas e estoxos para incensos. A exposición tamén inclúe unha representación do universo da cerimonia do té, dun espírito sobrio e exquisito, e o mundo do deseño da escola Rinpa, que tamén deixou pegadas significativas no japonismo. Lista(s) nas que aparece este ítem: Biblioteca Museo de Belas Artes. Selección novidades abril-xuño 2025. Selección novedades abril-junio 2025
Etiquetas desta biblioteca: Non hai etiquetas desta biblioteca para este título. Para engadir etiquetas ingrese na súa conta do catálogo.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Biblioteca de orixe Localización actual Sinatura Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Reserva de exemplares Datos do exemplar
A Coruña – Biblioteca do Museo de Belas Artes
A Coruña – Biblioteca do Museo de Belas Artes
Sala xeral
AR 069.5/22 Consulta en biblioteca CBA000004644
Reservas totais: 0

Índice onomástico de artistas

Bibliografía: p. 259-264

A exposición representa a madurez que alcanzou a arte no período Edo (1615-1868), un longo período de estabilidade cultural en Xapón. Son pinturas, estampas, lacas urushi e outras artes que pertencen principalmente aos séculos XVIII e XIX. As obras expostas proceden do Museo de Zaragoza: por unha banda, da colección de arte oriental de Federico Torralba (1913-2012), e das coleccións de obra gráfica xaponesa Pasamar-Onila e de M.A. Gutiérrez. Á vez, dúas obras gráficas do pintor Léonard Foujita (1886-1988) que o Museo de Belas Artes de Asturias posúe completan a mostra. Expóñense basicamente dous tipos de pintura nos seus variados formatos tradicionais, que son, por unha banda, a pintura en cor de longa tradición que se remonta ao século X e, doutra banda, a pintura monocromática moi vinculada ao budismo zen, caracterizada polas sutís augadas capaces de expresar unha gran variedade de grises e polos hábiles trazos do pincel. O gravado de madeira experimentou tamén un gran desenvolvemento artístico e técnico na segunda metade do século XVIII. Este gravado denominado de estilo ukiyoe ten nesta exposición unha ampla presenza: elegantes mulleres, gallardos homes e fantásticas paisaxes e naturezas, que inclúen obras de Utamaro, Hokusai e Hiroshige. O gravado ukiyoe, amplamente coñecido en Europa desde finais do século XIX, foi o principal causante do japonismo no ámbito europeo e americano no paso do século XIX ao XX. Os obxectos de laca xaponesa urushi que acompañaban a vida da clase samurái e dos acomodados cidadáns como caixiñas e estoxos para incensos. A exposición tamén inclúe unha representación do universo da cerimonia do té, dun espírito sobrio e exquisito, e o mundo do deseño da escola Rinpa, que tamén deixou pegadas significativas no japonismo.

Catálogo da exposición realizada do 7 de novembro de 2024 ao 12 de xaneiro de 2025 no Museo de Bellas Artes de Asturias

Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.

Non hai comentarios sobre este documento.

Ingrese na súa conta para facer un comentario.

Coa tecnoloxía Koha