La residencia : una historia sobre la dictadura venezolana / Rubbi Rada
por Rada, Rubbi
.
Tipo: 





Biblioteca de orixe | Localización actual | Sinatura | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés | A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés Depósito Xeral | DL 13211 | Acceso restrinxido | BC000081316 |
|
Esta novela é como un extenso poema ateigado de historia, razas que se mesturan e un humor mordaz que ataca o corazón mesmo da dictadira e a desangra sen piedade.
A historia lévanos ata o corazón dunha idílica e antiga casa de estudantes cuxa vida interior é un reflexo do que ocorre no exterior, mentres Venezuela se afunde nunha tortura sen sentido, na barbarie e o mercurio.
É , asemade, unha alegoría dunha Venezuela que se constrúe e destrúe a si mesma a través dos séculos.
É a saudade melancólica dos que partiron e do deus Moloch, vestido de vermello coma un chavista consagrado, esixe o seu sacrificio. Abonda con afiar o ouvido para seguir a escoitar o berro desesperado da vella Elena, o xubilo de Alfonso Alí, o renxer das navallas que abren a pel, os plans perdidos dos mozos residentes ou os poemas da comadre Sandra.
É tamén, se se quer, un canto novelesco á loita pola supervivencia nun país cruel e dictatorial que devagar sdevén nun recordo desdibuxado e doloroso, se se olla dende a distancia, ou nun monstro sen forma, faciana, principio e fin, cando se atopa de fronte. É a historia dun enorme fracaso.
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.