Biblioteca de orixe Localización actual Colección Sinatura Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Reserva de exemplares Datos do exemplar
Ferrol – Biblioteca Municipal Central
Ferrol – Biblioteca Municipal Central
Fondo local
Fondo local F PM-EXP BIB (2013) Acceso restrinxido BF1000038849
Reservas totais: 0

Exposición celebrada na biblioteca municipal de Ferrol, praza de España. Na segunda páxina do díptico aparece o seguinte texto informativo: "As revistas son, durante os séculos XIX e XX, vehículos de expresión e comunicación na Galicia continental e na diáspora nas Américas. Editores galegos especialmente en Cuba, na Arxentina, no Uruguai, e tamén en Venezuela e México, reflicten unha etapa da nosa historia cultural, literaria, xornalística, e mesmo sociolóxica, nas páxinas que se amosan nesta exposición.
Estas publicacións periódicas recollen parte da obra de escritores e doutros creadores galegos, e as editadas en América son recoñecidas como o esforzo por manterse en contacto coa terra. Ferrol non se mantivo illada nesta época, e cómpre salientar a saída do prelo en cuba da revista Labor Gallega, da mán dun ferrolán. Nestas páxinas, coma nas de Pro-Galicia, pódese atopar a sección Ferrol e a súa comarca, así coma a colaboración de autores locais.
Grazas a labor de recuperación de exemplares e a posterior edición de facsímiles realizado polo Centro Ramón Piñeiro entre 1994 e 2013, é posible imaxinar a vida cotiá dos nosos antergos alén mar. Estas edicións convértense no seu testemuño, ben a través do papel, so soporte eléctronico en CD-ROM, ou a través da rede da internet.

Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.

Non hai comentarios sobre este documento.

Ingrese na súa conta para facer un comentario.

Faga clic na imaxen para vela no visor de imáxenes

Coa tecnoloxía Koha