Al pie del muro / Jennifer Dawson ; traducción Amado Diéguez
por Dawson, Jennifer (1929-2000)
; Diéguez, Amado [tradutor]
.
Tipo: 


Biblioteca de orixe | Localización actual | Sinatura | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Vigo – Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas | Vigo – Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Sala xeral | N DAW alp | Prestado | 11/07/2025 | VIGO1000021897 |
|
Josephine Traughton ten vinte e tres anos e está ingresada nun hospital psiquiátrico nos arredores de Londres. Boa estudante en Oxford, custáballe sempre atopar «a resposta oportuna» (que substituía por unha risa nerviosa) cando lle falaban e nas festas, ademais de persoas, vía animais. Despois da morte da súa nai por un accidente doméstico, derrubouse. Agora, no hospital, os médicos consideran que a súa situación é tan favorable que xa pode saír a traballar e póñena a catalogar os libros da biblioteca dun vello coronel. Todo o mundo a anima, ou polo menos a compadece. Pero un día coñece a un paciente do pavillón masculino con «neurose por ansiedade» derivada dos seus «problemas coas mulleres». É un mozo culto, desenvolto, escéptico, que domina a linguaxe psiquiátrica e di frases en latín e francés. A partir de entón o mundo de Josephine cambia. Nunca fixera moito caso a quen lle "falaba de volver ao “mundo real”, coma se houbese dous: o bo e o que conviña evitar"; pero a súa relación co mozo agora si lle parece que lle dá «certo contacto co mundo real».
Escrita dous anos antes que A campá de cristal de Sylvia Plath, coa que é inevitable trazar algún vínculo, "Al pie del muro" (1961) é pioneira na novelización dunha experiencia psiquiatrizada, a cargo dunha muller que non se cansa de afirmar: «O que eu quero é vivir, sentir. Nacín para algo máis que a simple saúde mental». Ver as cousas desde o seu punto de vista desvélanos como de triviais e arbitrarias poden ser a realidade «normal» e as súas regras. A novela, sesenta anos despois da súa publicación, non perdeu vigor e resulta dunha intensidade –ás veces sólida, ás veces alucinada– extraordinaria.
Título orixinañl: The Ha-Ha
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.