El mismo fuego / Jorge Majfud
por Majfud, Jorge [autor]
.
Tipo: 




Biblioteca de orixe | Localización actual | Colección | Sinatura | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pontevedra – Biblioteca Pública Antonio Odriozola | Pontevedra – Biblioteca Pública Antonio Odriozola 2º andar | N MAJ mis Novidades maio | Dispoñible | BP000065538 |
|
|||
Pontevedra – Biblioteca Pública Antonio Odriozola | Pontevedra – Biblioteca Pública Antonio Odriozola Depósito legal | Fondo local | DL 7810 | Acceso restrinxido | BP000064058 |
|
||
Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós | Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós 1º andar | N (UY) MAJ mis | Dispoñible | BO000081564 |
|
O pequeno José Gabriel non comprende como os adultos poden vivir e estar seguros de quen son mentres esquecen, día tras día, aspectos importantes da súa propia existencia. Os seus tíos, con quen convive tras a desaparición dos seus pais, asómbranse #ante a enorme memoria do seu sobriño, de apenas dez anos, que é capaz de lembrar ata o máis mínimo dato. Esta hipertimesia, esta gravación a lume na súa memoria do máis nimio dos detalles, convertérono no mellor transmisor de mensaxes para o seu tío Carlos, preso político encarcerado nun país que podería ser Uruguai. Pero José Gabriel non deixa de ser un neno e, a pesar da súa memoria colosal, non alcanza a comprender unha realidade inestable, infestada de conspiracións, segredos familiares, e a cada momento máis violenta.
O mesmo lume é unha cegadora novela de formación enmarcada na Latinoamérica dos anos setenta, un país que sufriu tensións políticas e sociais que desembocaron en doce anos de ditadura. É tamén un punzante retrato dos movementos político-militares reaccionarios promovidos e dirixidos desde os Estados Unidos que arrasaron naqueles anos ao sur do continente americano. Unha historia que podería ser unha autobiografía psicoloxía e social do autor; unha lúcida pescuda de Jorge Majfud que Eduardo Galeano sintetizou así: «Os anos van pasando, como pasan as árbores ante a xanela do tren; e Jorge segue buscando a resposta».
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.