Dáesh, el porvenir de la amenaza yihadista / Jesús A. Núñez Villaverde
por Núñez Villaverde, Jesús A
.
Tipo: 




Biblioteca de orixe | Localización actual | Sinatura | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Lugo – Biblioteca Pública de Lugo | Lugo – Biblioteca Pública de Lugo Sala préstamo | 323 NUÑ dae [novidades] | Dispoñible | BL000048346 |
|
No lombo: 658
Bibliografía: p. 125
Dáesh mostrou capacidade para golpear brutalmente no momento e no lugar que elixa. Non só en Iraq e Siria, onde —non o esquezamos— están a maioría das súas vítimas, senón tamén en Occidente. Apoiándose nunha visión extremista do islam, unha estrutura organizativa flexible, unha estratexia de comunicación e unha capacidade operativa desgraciadamente modélicas en moitos aspectos, logrou converterse nunha ameaza global que nos seguirá afectando durante moito tempo. A intención deste ensaio é contribuír a coñecelo mellor, desde os seus antecedentes como unha rama local de Al Qaeda ata a proclamación do fantasmagórico "Estado islámico" en 2014, con especial atención á análise da súa acelerada perda de territorio e ao recente desmantelamento do seu pseudocalifato. Pero este libro tamén é unha chamada de atención sobre os erros cometidos na resposta #ante a ameaza que representa, dado que resulta imperioso entender que nin Dáesh nin o resto das personalizacións da ideoloxía yihadista poderán ser erradicadas só pola armas. A opción militarista só pode paliar algúns dos seus efectos, pero se non se articula unha estratexia multilateral e multidimensional que dea resposta ás causas estruturais (sociais, políticas e económicas) que lle serven de caldo de cultivo, estaremos condenados a seguir sufrindo os seus perniciosos efectos.
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.