Vista normal
Vista MARC
Lo mejor de los comienzos de Ibáñez / Francisco Ibáñez ; con prólogo de Antoni Guiral
por Muñoz Ibáñez, Francisco J [autor]
; Guiral, Antoni (1959-) [prologuista]
.
Tipo: 

Biblioteca de orixe | Localización actual | Sinatura | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés | Pontevedra – Biblioteca Pública Antonio Odriozola Infantil e Xuvenil | Novidades cómic COM IBA mej [amarelo] | Prestado | Novidades dec. 2024 | 04/06/2025 | BC000075001 |
|
Reservas totais: 0
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Comentado por José Enrique B.
08/01/2025Ibáñez fixo moito alén de crear Mortadelo e Filemón, e foi aínda máis que "pai" de Rompetechos, Sacarino ou a familia Trapisonda. Este volume, imprescindible para todo seguidor acérrimo del, conta con 159 páxinas pero semella realmente ser de extensión maior, porque leva contidos amplos e eclécticos que dan para horas de lectura. Céntrase maiormente no seu traballo en branco e negro e en bitono, que nos permite coñecer personaxes menos famosos, caso do dono e o empregado da tenda de animais da Arca de Noé, caso das veciñas dona Pura e dona Pera, de Godofredo e Pascualino, ou do doutor Esparadrapo. Nin siquera falta o xénero do Oeste, con "Cabeza de Ajo, el penúltimo Navajo" e co sheriff de Porra Citty. Non obstante este compilatorio excede as historias de unha ou poucas páxinas, pois presenta reproducións (ás veces, ben é certo, deficitarias, por non partiren de orixinais, seguramente perdidos para sempre) de seccións nas que o historietista traballou longo tempo: encabezados recorrentes nas revistas da editora Bruguera, eis "Incrible pero mentira", "A historia esa vista por Hollywood" ou pranchas que parodiaban deportes múltiples. Hai humor gráfico por encomenda e banda deseñada promocional e completan o mosaico espectaculares viñetas multitudinarias ou panorámicas a páxina enteira (que habitualmente saían en números anuais especiais das revistas semanais) e tamén extractos do boletín interno dos traballadores de Bruguera. Aínda que estritamente disque este libro contén media ducia de páxinas inéditas é probable que conte con moito máis material descoñecido para a maioría dos lectores e lectoras. En conxunto, un verdadeiro cofre do tesouro con especial peso do Ibáñez da década dos 60, un autor carecterizado por dous rasgos: o enorme talento para os tebeos de risa e a capacidade case ilimitada de traballo. Título moi recomendable para amantes da BD clásica de humor.